Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 07 de maio de 2001 Páx. 6.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do 29 de marzo de 2001, do organismo autónomo municipal Vigo-Zoo, da contratación, por concurso aberto, da subministración de pensos, alfalfa, trigo, millo, etc. para alimentos dos animais do organismo.

1. Entidade adxudicadora: organismo autónomo municipal Vigo-Zoo. Dependencia: Administración.

2. Obxecto do contrato: descrición: contratación para a subministración de pensos, alfalfa, trigo, millo, etc. para consumo dos animais do organismo autónomo municipal Vigo-Zoo.

Lotes: non.

Lugar de entrega: Vigo (Pontevedra).

Prazo: 2 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 22.000.000 de pesetas (IVE incluído) (132.223 euros), polo prazo de dous anos.

5. Garantías.

Provisionais: non se esixe.

Definitivas: 4% do orzamento da subministración.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 26 77 83 ou 986 26 77 84.

Data límite para solicitar documentación: ata o día da finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acreditar solvencia económico-financeira en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: quince días hábiles a partir da publicación do último dos anuncios no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula IX do prego de condicións.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: Concello de Vigo, praza do Rei, s/n (Vigo). Teléfonos: 986 26 77 83 ou 986 26 77 84.

Data e hora: ás 10 horas do día seguinte hábil á finalización do prazo de presentación de proposicións na casa do concello. Se coincidise en día non hábil o de apertura de propostas, ou, se por causas de forza maior non se puidese celebrar, esta terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula XIX do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 29 de marzo de 2001.

Amador Fernández Fernández

Presidente do organismo autónomo municipal Vigo-Zoo