Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 07 de maio de 2001 Páx. 6.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CORGO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do 26 de abril de 2001, aprobou os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación, polo procedemento aberto o sistema de concurso das obras:

1) Acceso desde Marei-Lago-Abragán-Maceda.

2) Acceso desde Arxemil á estrada provincial Adai-Carqueixo.

Os citados pregos estarán expostos ó público durante 8 días para os efectos de que se poidan presenta-las reclamacións contra eles. A licitación quedará aprazada se houbese reclamacións contra os pregos, ata a súa resolución.

Obxecto do contrato:

Obra nº 1: acceso desde Marei-Lago-Abragán-Maceda.

Obra nº 2: acceso desde Arxemil á estrada provincial Adai-Carqueixo.

Lugar de execución: Concello do Corgo.

Prazo de execución: tres meses.

Orzamento de licitación:

Obra nº 1: 9.480.000 pesetas IVE incluído.

Obra nº 2: 6.000.000 de pesetas IVE incluído.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Garantías: provisional: obra nº 1 189.600 pesetas, obra nº 2 120.000 pesetas.

Información: o modelo de proposición e o prego de cláusulas administrativas facilitaranse no Concello do Corgo (Lugo).

Presentación de proposicións: trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste edicto no BOP de Lugo ou no DOG.

O Corgo, 26 de abril de 2001.

José A. Ferreiro González

Alcalde