Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 07 de maio de 2001 Páx. 6.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2001 pola que se modifica o prego de condicións técnicas regulador do concurso para o servicio de mantemento, conservación e reparación das áreas de xogos infantís do Concello da Coruña.

A Alcaldía-Presidencia, mediante providencia do 25 de abril de 2001, adoptou a seguinte resolución:

Primeiro.-Modifica-lo prego de condicións técnicas do servicio de mantemento, conservación e reparación das áreas de xogos infantís, punto 3.2 Medios materiais e humanos, capítulo I, punto 1.3, a redacción correcta do cal é a seguinte:

«O contratista deberá ter adscritos exclusivamente ó servicio dous operarios cualificados que realizarán unha inspección diaria. Á fronte deste persoal deberá existir un técnico de grao medio ou superior e estará dispoñible sempre que o soliciten os técnicos municipais».

Segundo.-Outorgar un novo prazo de quince días para a presentación de ofertas, contado desde o día

seguinte á publicación do anuncio da rectificación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de abril de 2001.

P.D.

Carlos González-Garcés Santiso

Tenente alcalde delegado de Contratación