Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 07 de maio de 2001 Páx. 6.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARNOTA

EDICTO: anuncio de licitación para a adxudicación do proxecto de saneamento e beirarrúas en Portocubelo-Lira 1ª fase, mediante concurso con procedemento aberto.

Prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación: o aprobado polo Pleno da deputación provincial en sesión ordinaria do 30 de marzo de 2001 e publicadas no BOP nº 78, do 4 de abril. Anexo 2.

1. Proxecto: saneamento e beirarrúas en Portocubelo.

2. Orzamento: 13.819.574 pesetas, IVE incluído.

3. Aplicación orzamentaria: 511-611.04.

4. Prazo de execución: tres meses.

5. Clasificación: non.

6. Lugar de presentación de ofertas: rexistro xeral de documentos do Concello de Carnota.

7. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais.

8. Garantía provisional: non.

9. Garantía definitiva: 4 por 100 do prezo de adxudicación.

10. Taxas do contrato: non.

11. Revisión de prezos: non procede.

12. Control de calidade: si.

Carnota, 27 de abril de 2001.

Xosé Manuel García Martínez

Alcalde