Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 07 de maio de 2001 Páx. 6.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIMORTO

ANUNCIO do concurso para a adxudicación da concesión do servicio de cafetería da Casa do Concello de Boimorto.

1. Obxecto do contrato: concesión do uso privativo das intalacións destinadas ó servicio de cafetería da Casa do Concello de Boimorto.

2. Canon: 300.000 pesetas anuais+IVE.

3. Duración do contrato: un ano, prorrogable tacitamente por anualidades ata un máximo de vintecinco anos.

4. Proposicións: presentaranse no rexistro do concello de 9 a 14 horas, durante os 26 días naturais seguintes á publicación do anuncio no BOP.

5. Garantías: provisional: 25.000 pesetas. Definitiva: o importe total de dúas mensualidades do canon de adxudicación.

6. Os pregos de cláusulas administrativas atópanse ó dispor dos interesados nas oficinas do concello para poder ser examinados.

7. Modelo de proposición: segundo o anexo I do prego.

8. Pagamento dos anuncios por conta do adxudicatario.

Boimorto, 2 de abril de 2001.

O alcalde

Rubricado