Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 07 de maio de 2001 Páx. 6.109

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 abril de 2001 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de obras para a reforma e mellora das instalacións do edificio do centro de empresas e innovación no parque tecnolóxico de Galicia. (Expediente 2/2001 DXPI).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas.

Número de expediente: 2/01 DXPI

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: execución das obras para a reforma e mellora das instalacións do edificio do Centro de Empresas e Innovación (CEI) no Parque Tecnolóxico de Galicia situado en San Cibrao das Viñas (Ourense).

Prazo de execución: dous meses desde a data de comprobación do replanteo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 22.519.948 pesetas (135.347,61 euros), IVE incluído; distribuído nos seguintes lotes: lote I: reforma da terceira planta, realización de melloras de climatización e pintura interior do edificio 16.639.367 pesetas (100.004,61 euros) IVE incluído; lote II: reforma e adaptación da ala dereita da primeira planta 5.880.581 pesetas (35.343,00 euros) IVE incluído.

5. Clasificación.

Será requisito indispensable para contratar que o empresario teña a clasificación no grupo c, categoría c, agás os empresarios estranxeiros, que acreditarán a súa solvencia económica, financeira e técnica por calquera dos medios especificados nos artigos 16 e 17 do TRLCAP.

6. Garantías.

Provisional: exento, agás os empresarios estranxeiros que non dispoñan da clasificación requirida que acreditarán a constitución dunha garantía provisional equivalente ó 2% do orzamento do contrato para o lote ou lotes ofertados (Lote I: 332.787 pesetas; 2.000,09 euros; Lote II: 117.611 pesetas; 706,86 euros).

7. Obtención de documentación e información

Obtención de documentación: Copynino, rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, 15701 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

Información:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Teléfono: 981 54 54 48.

Fax: 981 54 49 49.

Así mesmo tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet, http://www.xunta.es/contratacion.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hay que presentar: a indicada na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Lugar de presentación.

Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme co artigo 89 do TRLCAP.

Admisión de variantes: (concurso): non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, adiarase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: dez horas.

11. Outras informacións: os empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea non clasificados acreditarán a súa solvencia económico-financeira e técnica por calquera dos medios especificados nos artigos 16 e 17 do TRLCAP. Así mesmo, acreditarán a súa inscrición no rexistro profesional ou comercial nas condicións previstas pola lexislación do Estado onde están establecidos.

12. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2001.

P.D. (13-10-1999 DOG nº 207)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio