Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 07 de maio de 2001 Páx. 6.109

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa para a distribución de gas natural no termo municipal de Poio, 1ª fase (Pontevedra). (Expediente 01/6-0-G).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos e no artigo 11º do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Gas Galicia SDG, S.A. con enderezo en edificio Área Central, local HIJ, Polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela.

Obxecto da petición: autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no ter

mo municipal de Poio, provincia de Pontevedra, de conformidade co proxecto presentado para o efecto.

Descrición das instalacións: a rede de distribución parte do punto de conexión coa actual rede de MPB da cidade de Pontevedra, para subministrar gas ós clientes domésticos, comerciais e clientes singulares das parroquias da Caeira, A Barca, San Salvador de Poio, A Valiña e Oliveira, mediante unha rede de polietileno a 4 bar (MPB), que foi deseñada en forma de malla. A rede discorrerá polas rúas e os camiños existentes, con diámetros de 90, 110, 160 e 200 mm.

A lonxitude total da rede de distribución é de 5.293 m.

Área de autorización: a solicitude de autorización administrativa afecta ó termo municipal de Poio, na provincia de Pontevedra.

Orzamento: corenta e cinco millóns duascentas cincuenta e oito mil cincocentas sete pesetas (45.258.507 pesetas).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presenta-las súas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, podendo examina-lo proxecto de autorización administrativa na Dirección Xeral de Industria, Edificio San Caetano, en Santiago de Compostela, así como na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio, rúa Nova de Abaixo 2, 36071 de Pontevedra.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria