Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 07 de maio de 2001 Páx. 6.108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa para a distribución de gas natural no termo municipal de Brión, 1ª fase (A Coruña). (Expediente 01/5-0-G).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos e no artigo 11 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Gas Galicia SDG, S.A. con enderezo en edificio Área Central, local HIJ, Polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela.

Obxecto da petición: autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal de Brión, provincia da Coruña, de conformidade co proxecto presentado para o efecto.

Descrición das instalacións: a rede de distribución parte do punto de conexión coa rede de Bertamiráns,

que se sitúa xunto ó punto de entrega de gas natural para esa rede (ARM 16/4 bar situado nas inmediacións do desvío da C-543 cara á zona de Guitiande), para subministrar gas a todo o núcleo de Brión e urbanizacións circundantes mediante unha rede de polietileno 4 bar de presión (MPB), que foi deseñada en forma de malla.

Desde a conexión coa rede de Bertamiráns parte a rede cara ó núcleo de Brión onde se ramifica á altura do cruzamento dos Ánxeles para subministrar gas ás urbanizacións Os Ánxeles e Agro Novo, á esquerda, e Monte Valado e Río Pego á dereita, desenvolvento cara á zona de Pedroso, onde se ramifica para abarca-lo resto do núcleo de Brión.

A lonxitude total da rede de distribución é de 7.047 m.

Área de autorización: a solicitude de autorización administrativa afecta ó termo municipal de Brión, na provincia da Coruña.

Orzamento: cincuenta e oito millóns cento cincuenta e catro mil novecentas vintecinco pesetas (58.154.925 pesetas).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presenta-las súas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, podendo examina-lo proxecto de autorización administrativa na Dirección Xeral de Industria, Edificio San Caetano, en Santiago de Compostela, así como na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio, edificio administrativo-Monelos s/n, da Coruña.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria