De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do conselleiro
de Sanidade e Servicios Sociais do 1-3-2001, pola que se desestima o recurso de alzada interposto contra a resolución desta delegación provincial de Sanidade e Servicios Sociais, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 de abril, e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, segundo o artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e no artigo 91 da Lei 6/1998, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación de conformidade co artigo 46 da devandita Lei 29/1998.
Expediente sancionador: Secretaría 76/1999.
Denunciado: José Ramón Oreiro Cordo. Piscifactoría Trumer.
DNI/CIF: 32.215.993.
Último enderezo coñecido: Cullergondo-Abegondo.
Cualificación da infracción: leve.
Importe da sanción: cen mil pesetas.
A Coruña, 9 de marzo de 2001.
Manuel Barral Castro
Delegado provincial da Coruña