Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 07 de maio de 2001 Páx. 6.104

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (879/2000).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 879/2000, seguidos por instancia de María del Carmen Vecino Paulos e outra contra Bupan 2000, S.L. y María del Carmen Pampín Balo sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 28-3-2001, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a demanda interposta por María del Carmen Vecino Paulos y Etelvina Suárez Taibo, conta a empresa Bupan 2000, S.L., debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento ás demandantes nas seguintes cantidades: 235.220 pesetas a María del Carmen Vecino Paulos e 176.853 pesetas a Etelvina Suárez Taibo, coa absolución de María del Carmen Pampín Balo e do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle a este último.

Así, por esta miña sentencia, contra a que non cabe recurso, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lles sirva de notificación a Bupan 2000, S.L. e a María del Carmen Pampín Balo que tiveron os seus últimos enderezos coñecidos en r/ San Vicente de Paul 17 e na r/ Xustiza, 1, A Coruña, respectivamente, e que na actualidade se descoñecen, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de

Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 28 de marzo de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado