Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 07 de maio de 2001 Páx. 6.105

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2001 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, do contrato de obra relativo á construcción de ximnasio e reforma de vestiarios no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

Aprobado o expediente de contratación que a seguir se identifica, mediante Resolución do 23 de abril de 2001, procédese agora a efectua-lo seu anuncio de licitación do mesmo.

A presente resolución constitúe acto de trámite para os efectos do parágrafo segundo do artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

Construcción de ximnasio e reforma de vestiarios no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, Pontevedra.

a) Prazo de execución: oito (8) meses.

b) Orzamento de execución por contrata: oitenta e catro millóns cincocentas corenta e seis mil novecentas dezasete pesetas (84.546.917 pesetas).

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: grupo: C; subgrupo: todos; categoría: d.

3. Garantía provisional.

Dispénsase, en aplicación do disposto no artigo 35 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e para o efecto no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Obtención de documentación e información.

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiúsos de San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

As fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas, prescricións técnicas e proxecto técnico poderán ser solicitados directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares ós que se refire o parágrafo anterior poderán ser consultados na rede da Internet (www.xunta.es/contratacion).

5. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no rexistro xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na portada do sobre A (documentación administrativa) quedarán exonerados de presenta-la documentación á que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23).

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiúsos. San Lázaro. 15890-Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 39), ou no xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Admisión de variantes: admítense en relación co prazo de execución do contrato e, se é o caso, ás que refire o punto B.7 da cláusula 3.2.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Apertura de ofertas.

Levaráse a cabo ás 9.30 horas do terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiúsos, San Lázaro, 15890-Santiago de Compostela).

7. Gastos de anuncios.

Será a cargo do adxudicatario o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2001.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte