Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 07 de maio de 2001 Páx. 6.068

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 90/2001, do 6 de abril, polo que se afecta ó dominio público unha parte do edificio onde se sitúa o Centro de Formación Ocupacional Santa María de Europa, situado na rúa Carballeira, s/n, no termo municipal de Ourense.

Con data 22 de marzo de 2001 o Consello da Xunta de Galicia adoptou o acordo de declarar resolta a cesión de uso, a título gratuíto, da parte do inmoble do edificio onde se sitúa o centro de formación ocupacional Santa María de Europa, a favor da Universidade de Vigo e formalizada en escritura pública outorgada perante o notario de Vigo José Antonio Rodríguez González con data 18 de abril de 1996, revertendo o uso á Comunidade Autónoma de Galicia.

Con data 28 de marzo de 2001 solicitouse por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural o uso do dito centro para sede temporal do Museo Arqueolóxico.

Á vista do disposto nos artigos 9 da Lei 3/1985, do 12 de abril, e 10 e seguintes do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da antedita lei, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de abril de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo único.-Aféctase ó dominio público da Comunidade Autónoma de Galicia, con destino a sede temporal do Museo Arqueolóxico de Ourense, unha superficie aproximada de 2.189,42 m, situada na ala esquerda do edificio onde se sitúa o centro de formación ocupacional Santa María de Europa, na rúa Carballeira, s/n, de Ourense, distribuída e concretada nos planos incorporados ó expediente, nos que se delimitan os accesos e as superficies dedicadas a aulas que quedan reservadas para a utilización pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, quedando adscrito á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

San Clodio-Leiro (Ourense), seis de abril de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda