Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 04 de maio de 2001 Páx. 6.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio desta resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

ObraOrzamento da contrataPrazo

de execución

Clasificación esixida

Abadín-Castro de Rei-Cospeito-Pol Mondoñedo. Reparación de vías provinciais (conservación anual).59.981.0861 anoGrupo G

Subgrupo 6

Categoría c

Nº 105 POL 2001 Baralla. Captación e traída de auga en Arroxo, Laxes e Piñeira.10.000.0009 mesesNon se esixe

Nº 113 POL 2001 A Fonsagrada. Abastecemento de auga ás vilas de Carballido, A Graña e Sequeiro10.000.0009 mesesNon se esixe

Nº 122 POL 2001 Sarria. Abastecemento de auga á Veiga, Lousadela e outros10.000.0006 mesesNon se esixe

Nº 133 POL 2001 Cervantes. Saneamento en Vilarello10.000.0009 mesesNon se esixe

Nº 142 POL 2001 Lourenzá. Saneamento en Pousada (ampliación) e melloras en estacións depuradoras de Lourenzá e San Tomé de Lourenzá.10.500.0006 mesesNon se esixe

Nº 148 POL 2001 Ourol. Rede de saneamento do núcleo urbano de Ourol e traída de augas ó lugar de Nogueiroá e outros.10.000.0009 mesesNon se esixe

Nº 150 POL 2001 Palas de Rei. Saneamento núcleo urbano de Palas de Rei10.000.0006 mesesNon se esixe

Características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Deputación de Lugo.

b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O que se sinala ó comezo do anuncio.

5. Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na Tesourería Provincial.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Teléfono: 982 25 10 42.

e) Fax: 982 25 10 42.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se sinala no encabezamento (de ser esixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia; se o último día coincide en domingo ou festivo, o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: contido de proposicións.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral, das 10 ás 14 horas.

1. Entidade: Deputación de Lugo.

2. Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado, agás no prazo de execución. Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.

f) A verificación de suficiencia de poderes farase especificamente para este concurso.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Deputación de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación, agás os sábados.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións.

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 18 de abril de 2001.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo