Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 04 de maio de 2001 Páx. 6.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2001 pola que se anuncia concurso, para a contratación da obra campo de fútbol en Redondela.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da referida obra, por importe de 89.356.235 pesetas, IVE incluído:

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación empresarial: grupo C, tódolos subgrupos, categoría d; e, grupo K, subgrupo 6, categoría b.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 10.30 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 26 de abril de 2001.

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra

Rubricado

O secretario da Deputación Provincial de Pontevedra

Rubricado