Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 04 de maio de 2001 Páx. 6.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación do PERI I-01 Pazos (expediente 5684/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en sesión do 15 de marzo de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de modificación do Plan especial de reforma interior I-01 Pazos, redactado polo equipo de arquitectos Castro & Alonso CB e visado polo COAG en datas 16-2-2001 e 3-1-2000 (expediente 5684/411).

Segundo.-Declara-la suspensión de licencias de obras e parcelación dentro do ámbito afectado pola modificación do PERI.

Tercero.-Somete-lo presente expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes mediante publicación de anuncios no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincial, así como notificación ós directamente afectados por el, na forma legalmente establecida.

O prazo de exposición entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o último anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu domicilio non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 29 de marzo de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo