Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 04 de maio de 2001 Páx. 6.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO de contratación.

Obxecto: a contratación, mediante concurso con procedemento aberto, da obra ampliación de saneamento en Penelas, Procelas e Noenlles.

Duración do contrato: catro meses.

Tipo de licitación:

33.039.965 pesetas (198.574,18 euros).

Prego de cláusulas administrativas: rexerá o prego aprobado polo Pleno da Corporación Provincial en sesión ordinaria que tivo lugar o 30 de marzo de 2001, publicado no BOP nº 78, do 4-4-2001.

Garantías: provisional: 660.799 pesetas (3.971,48 euros). Definitiva: o 4% do prezo de adxudicación.

Presentación e apertura de plicas: durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación deste

anuncio no DOG ou BOP, das 9 ás 13 horas. Procederase á súa apertura ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación.

Os gastos derivados da publicación dos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Teo, 20 de abril de 2001.

Armando Blanco Martínez

Alcalde