Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 04 de maio de 2001 Páx. 6.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 8 de xaneiro de 2001, aprobou inicialmente o estudio de detalle da parcela ED-1 do Plan parcial do solo urbanizable non programado número 3 (SUNP-3) nas Cancelas-Mallou, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e do Solo.

O ámbito obxecto de ordenación abrangue unha superficie de 11.977 m e está comprendido entre os seguintes lindes:

Norte: unidade de xestión numero 7 (UX-7).

Sur: camiño de Salgueiriños de Abaixo.

Leste: rúa da Queimada.

Oeste: rúa de novo planeamento.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo