Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 04 de maio de 2001 Páx. 6.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente por decreto da Alcadía, do 24 de abril de 2001, o plan parcial do parque empresarial de Matela 2 (PI1), promovido por Ana Mª Rey Murais, en representación dos propietarios dos terreos afectados por este, de acordo co disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá examinarse nas oficinas municipais, nas horas de oficina, e formular, se é o caso, as alegacións que se consideren procedentes, que deberán ir dirixidas ó alcalde.

Outeiro de Rei, 25 de abril de 2001.

José Pardo Lombao

Alcalde