Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 04 de maio de 2001 Páx. 6.035

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (981/2000).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 891/2000 por instancia de Diana Fernández Mahía, contra a empresa Bupan 2000, S.L. e o Fogasa, sobre salarios, se dictou a seguinte sentencia:

«Na cidade da Coruña o 29 de marzo de 2001. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 891/2000 seguidos por instancia de Diana Fernández Mahía, maior de idade, asistido polo letrado Antonio Pousa Meréns, contra a empresa Bupan 2000, S.L. e o Fogasa, que non compareceron nos autos, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

(Seguen feitos e fundamentos de dereito).

Decido que debo estimar y estimo a demanda interposta por Diana Fernández Mahía contra a empresa Bupan 2000, S.L., e condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 116.516 pesetas polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra a referida sentencia non cabe recurso ningún.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mandoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Bupan 2000, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu domicilio descoñecido, expido e asino a presente cédula na Coruña, 29 de marzo de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado