Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 04 de maio de 2001 Páx. 6.035

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (707/2000).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste

xulgado se seguen autos 707/2000 por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra INSS e outros sobre accidente, nos que recaeu sentencia en data 8-3-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando en parte a demanda formulada pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, condeno a empresa Construcciones Grumeiras, S.L., Unipersonal como responsable directa e única do aboamento da totalidade de prestacións derivadas do accidente de traballo sufrido polo traballador Andrés Guardado Vázquez consistentes na indemnización por baremo da cantidade de 147.000 pesetas, prestación de incapacidade temporal por 1.380.168 pesetas, e 2.796.902 pesetas por asistencia sanitaria, debendo a dita mutua anticipar ó traballador o pagamento da prestación, subrogándose nos dereitos e obrigacións daquel con respecto á empresa, á que condeno a reintegrar á mutua todas e cada unha das cantidades anticipadas por ela, e sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que, se é o caso, poidera recaer no Instituto Nacional da Seguridade Social e na Tesourería Xeral da Seguridade Social, como xestores do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo.

Desestimo a demanda en relación coa modificación de baremo solicitada confirmando o sinalado polo Instituto Nacional da Seguridade Social, e condeno a tódolos demandados a estaren e pasaren pola presente resolución.

Así, por esta sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones Grumeiras, S.L., Unipersonal, expido e asino a presente cédula na Coruña o 4 de abril de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado