Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 04 de maio de 2001 Páx. 6.034

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (11/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña.

Fago saber que nos autos nº 11/2001 seguidos por instancia de Marcelino García Deschamps contra Decoraciones e Impermeabilizaciones J.S., S.L. sobre despedimento, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 26-3-2001, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda interposta por Marcelino García Deschamps, contra a empresa Decoraciones e Impermeabilizaciones J.S., S.L. e Jesús Sar Castelo, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento, condenando os ditos demandados a estaren e pasaren por tal declaración e a empresa Decoraciones e Impermeabilizaciones J.S., S.L. a que, no prazo de cinco días, opte pola readmisión do demandante no seu posto de traballo ou indemnice na suma de 95.333 pesetas, máis os salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da notificación da presente resolución, coa absolución de Jesús Sar Castelo e do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle a este último.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra a referida sentencia cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que poderán anunciar ante este xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta resolución e no propio termo se o recorrente fose patrón deberá amosar comprobante de ter feito o depósito na conta de consignación deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.».

E para que lle sirva de notificación a Decoraciones e Impermeabilizaciones J.S., S.L. que tivo o seu último domicilio coñecido no Coído, s/n, Brives, Cambre, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 26 de marzo de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado