Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 04 de maio de 2001 Páx. 6.008

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 27 de decembro de 2000 pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e esixencias a empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG nº 11, do 16 de xaneiro de 2001, é necesario face-las seguintes correccións.

Na páxina 637, no artigo 5, na segunda columna, epígrafe Cualificación dos exercicios, onde di: «a puntuación máxima necesaria para supera-los exercicios, así como a puntuación final para ser declarado apto, sinalarase en cada convocatoria», debe dicir: «a puntuación mínima para supera-los exercicios, así como a puntuación final necesaria para ser declarado apto, sinalarase en cada convocatoria».

Na páxina 637, no artigo 6, na segunda columna, onde di: «...acreditando exerce-la actividade correspondente á súa especialidade», debe dicir: «...acreditando o exercicio da actividade correspondente á súa especialidade».