Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 04 de maio de 2001 Páx. 6.007

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, pola que se fai pública a lista de candidatos seleccionados como beneficiarios das axudas concedidas pola Unión Europea dentro do Programa Sócrates, Comenius 3.2 Axudas para a formación do profesorado e persoal educativo, no segundo prazo de presentación de solicitudes.

Por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 9 de setembro (Diario Oficial de Galicia do 21 de setembro de 1999), convocáronse axudas económicas para a realización de accións descentralizadas do Programa Sócrates, Comenius 3.2. Axudas para a formación do profesorado e persoal educativo.

De confomidade co disposto no punto sexto da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Facer pública a relación de beneficiarios, dos candidatos en lista de espera, dos excluídos e renuncias no anexo I.

Segundo.-Se por algunha causa excepcional algún beneficiario se vise obrigado a renunciar, deberá comunicalo urxentemente á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, para que se proceda á súa substitución polo candidato da lista de espera ó que corresponda.

Terceiro.-De acordo coa normativa vixente, os beneficiarios deste tipo de axudas quedan obrigados a:

1. Comunicar, se existe, a obtención de subvencións ou axudas, para a mesma finalidade, de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

2. Someterse ás actuacións de comprobación que poida efectua-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, así como a Axencia Nacional Sócrates e a Comisión Europea.

3. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, presentando a seguinte documentación:

3.1. Memorias:

Os beneficiarios, unha vez finalizada a actividade, enviarán á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional un informe dela, no prazo dun mes, contado desde a data de finalización da actividade.

3.2. Xustificación económica:

Toda a xustificación económica deberá realizarse ante a Axencia Nacional Sócrates (Paseo del Prado, 28, 8ª planta, 28014 Madrid). A dita axencia enviaralles ós candidatos seleccionados a documentación correspondente. O convenio financeiro devolverase debidamente cuberto no prazo de dez días, contado desde a data da súa recepción. A ficha financeira enviarase unha vez finalizada a actividade, xunto cun informe das actividades realizadas, no prazo dun mes contado desde a data da súa finalización.

Cuarto.-A documentación poderá ser retirada durante os tres meses posteriores ó da publicación desta orde no DOG, na Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional. San Lázaro, 107. Santiago de Compostela.

Quinto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñe-los recursos previstos na lexislación vixente.

Sexto.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2001.

Mª Pilar del Mar Pérez Marsó

Directora xeral de Ordenación Educativa e

Formación Profesional

ANEXO I

Candidatos seleccionados

CENTRO ESCOLARNOMETÍTULO DO CURSO

IES FERNANDO ESQUIOJUAN CARLOS RIERA PERMUYCANCER PREVENTION AT SCHOLL:A EUROPEAN...

CPI O CRUCE CERCEDAMILAGROS TRIGO MIRANDAICT USE IN COLLABORATIVE PROJECTS

IES MARQUES DE SUANCESMª CARMEN FERNANDEZ BUSTABADEDUCATION FOR EUROPEAIS CITIZENSHIP

IES MEIXOEIROMª RITA DE SAA SALGADOCITIZENSHIP AND EUROPEAN CITIZENSHIP

CPI O CRUCE CERCEDALUIS JAVIER RDGUEZ.GONZALEZNETWORKS IN EUROPE

Candidatos en lista de espera

SUPLENTECENTRO ESCOLARNOMETÍTULO DO CURSO

SUPLENTE 1IES MEIXOEIROJOSE ANTONIO FDEZ. TRONCOSODEVELOPING SKILLS FOR MANAGING JOINT...

SUPLENTE 2IES FERNANDO WIRTZMERCEDES RODEIRO BARROSPEER EDUCATION AND CONFLICT ELIMINATION...

SUPLENTE 3IES A SANGRIÑABELEN VAZQUEZ ALVAREZAN IN SERVICE TRAINING COURSE FOR THE....

SUPLENTE 4C.F.R. DE PONTEVEDRAFRANCISCO LOZANO VARELAL'ENSEIGNEMENT ACTIF DANS LES ETABLISSEMENTS.

SUPLENTE 4C.F.R. DE PONTEVEDRAFRANCISCO LOZANO VARELAEDUCATION AUX VALEURS POUR UNE CITOYENNETE..

SUPLENTE 4C.F.R. DE PONTEVEDRAFRANCISCO LOZANO VARELAINTERNATIONAL IN-SERVICE TRINING...

SUPLENTE 5IES MARQUES DE SUANCESMª DEL CARMEN TORRES RDGUEZ.TRANSPRO-TRANSNATIONAL EDUCATIONAL...

SUPLENTE 6C.F.R. DE PONTEVEDRAJOSE ANTONIO PEREZ GRAÑATRANSPRO-TRANSNATIONAL EDUCATIONAL ...

Candidatos excluídos

MOTIVOCENTRO ESCOLARNOMETÍTULO DO CURSO

FÓRA DE PRAZOCPI O CRUCE CERCEDA JUAN JOSE GORDILLO CAMPELONETWORKS IN EUROPE

FÓRA DE PRAZOCPI VIRXE DA CELAJESUS Mª RISUEÑO LOPEZNETWORK IN EUROPE

FÓRA DE PRAZOCPI VIRXE DA CELAJESUS Mª RISUEÑO LOPEZSCHOOL AUTONOMY QUALITY AND TEAN WORK

FÓRA DE PRAZOCPI ALCALDE XOSE PICHELABEL FERNANDEZ MAROÑODEVELOPINS SKILLS FOR MANAGINS...

FÓRA DE PRAZOCPI ALCALDE XOSE PICHELABEL FERNANDEZ MAROÑONETWORK IN EUROPE

FÓRA DE PRAZOCPI ALCALDE XOSE PICHELMª JOSE FERNANDEZ REINANTESCHOOL AUNONOMY QUALITY AND TEAM WORK

FÓRA DE PRAZOCPI ALCALDE XOSE PICHELMª JOSE FERNANDEZ REINANTENETWORK IN EUROPE

FÓRA DE PRAZOCEIP CUQUEIRA-CARBALLEDOMONTSERRAT LOGROÑO SILVAEUROPE IN PRIMARY SCHOOLS

Renuncias

CENTRO ESCOLARNOMETÍTULO DO CURSO

IES LAGOA DE ANTELAOSCAR SOTO FERNANDEZAN IN-SERVICE TRAINING CPIRSE FPR THE...