Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 03 de maio de 2001 Páx. 5.987

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 20 de abril de 2001 polo que se fai público o nomeamento, en réxime de provisión temporal, das secretarías de xulgados da Comunidade Autónoma de Galicia que se citan (Corcubión e catro máis).

En cumprimento do acordo adoptado no día de hoxe, dimanante de comunicación da Xerencia Terri

torial do Ministerio de Xustiza de Galicia, sobre nomeamentos de secretarios en réxime de provisión temporal, que literalmente di:

«Data 17 de abril de 2001. Ministerio de Xustiza. Xerencia Territorial de Galicia. N/rf. Secretario de Provisión Temporal. Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Pazo de Xustiza. A Coruña. Confírmase o acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 6 de abril de 2001, polo cal se nomean secretarios en réxime de provisión temporal. Esta xerencia territorial, en uso das atribucións que lle confire a O.M. do 26 de xuño de 1991 (BOE do 28 de xuño), e de conformidade co previsto no artigo 38 do Real decreto 429/1988, do 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de secretarios xudiciais:

Provincia da Coruña

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Corcubión, Juan Francisco Riobó Fernández.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira, Ramón Eloy Rodríguez Frieiro.

Provincia de Lugo

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Monforte de Lemos, María del Carmen Ramos Vázquez.

Provincia de Ourense

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Celanova, Carolina Elvira Vázquez Fernández.

Provincia de Pontevedra

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Vilagarcía de Arousa, María del Carmen Santos Caballero.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza. Comunico isto para o seu coñecemento e demais efectos. Manuel Olmo Peláez. Xerente territorial. Rubricado. Hai un carimbo da Xerencia Territorial».

Así mesmo, faise constar que contra o acordo dos distos nomeamentos efectuados pola Sala de Goberno, do 6 de abril de 2001, cabe interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, no prazo dun mes a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial de Gali

cia. Solicítase que envíe a esta presidencia un exemplar del para a súa constancia no expediente.

A Coruña, 20 de abril de 2001.

Jesús Souto Prieto

Presidente do Tribunal Superior de Xustiza

de Galicia