Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 03 de maio de 2001 Páx. 5.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

ENTIDADE LOCAL MENOR DE BEMBRIVE-VIGO

ANUNCIO.

A Entidade Local Menor de Bembrive, na sesión da xunta veciñal do día 5 de decembro de 2000, por unanimidade acordou o seguinte:

Primeiro.-Aproba-lo escudo heráldico da Entidade Local Menor de Bembrive, conforme o deseño que consta no expediente que ten a descrición seguinte:

De sinople (verde), unha machada de ouro (amarelo), disposta en banda e acompañada, no xefe, dunha rama de piñeiro, e na punta, dunha vieira, todo do mesmo. Ó timbre, coroa real pechada.

Segundo.-Envia-lo expediente á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia para solicita-la súa aprobación, logo do dictame da comisión heráldica.

Terceiro.-Lembrarlle á comisión heráldica que se atopa pendente de informe e resolución por petición feita pola xunta veciñal da entidade local menor para a adopción da súa bandeira.

O dito acordo, e o expediente a que se refire, sométese á información pública por prazo dun mes, para os efectos de que os interesados poidan formular reclamacións.

Bembrive, 13 de febreiro de 2001.

Carlos Comesaña Abalde

Alcalde pedáneo