Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 03 de maio de 2001 Páx. 5.985

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

ENTIDADE LOCAL MENOR DE BEMBRIVE-VIGO

ANUNCIO.

Convócanse probas selectivas para a provisión dunha praza de peón mediante contrato laboral de duración indefinida para a brigada de obras e servicios da Entidade Local Menor de Bembrive, polo sistema de concurso-oposición, conforme as seguintes:

BASES

Bases para a provisión dunha praza de peón mediante contrato laboral de duración indefinida para a brigada de obras e servicios da entidade local menor, correspondente á oferta de emprego público do ano 2001, polo sistema de concurso-oposición libre.

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

As presentes bases teñen por obxecto a regulación do procedemento selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de peón en réxime laboral de duración indefinida, mediante contrato a xornada completa, para a brigada de obras e servicios, contida na oferta de emprego público da Entidade Local Menor de 2001.

Segunda.-Sistema de selección.

Establécese como procedemento de selección o de concurso-oposición libre.

As retribucións serán as establecidas polo convenio de aplicación.

Terceira.-Publicidade das bases da convocatoria.

As bases específicas das probas selectivas así como as convocatorias publicaranse no BOP, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios da entidade local menor, e débese efectua-lo anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, comezando o prazo para a presentación de solicitudes a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de vinte días naturais fixado para a presentación de solicitudes, a alcaldía-pedanía resolverá a aprobación da lista de aspirantes

admitidos e excluídos con especificación, se é o caso, dos motivos de exclusión, nomeando o tribunal cualificador e fixando a data e lugar para a realización das probas selectivas da praza convocada.

A lista de admitidos e excluídos e a composición do tribunal cualificador, así como o sinalamento da data para a realización das probas publicarase no BOP en no taboleiro de anuncios da entidade local menor.

Os aspirantes excluídos terán un prazo de dez días hábiles, contados a partir da publicación da lista de aspirantes admitidos e excluídos, para emenda-los defectos que motivaran a exclusión ou omisión, e ademais poderán, dentro do dito prazo, recusa-los membros do tribunal por algún dos motivos sinalados no artigo 28.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que tamén poidan promove-la recusación en calquera momento da tramitación do procedemento.

Rematado o prazo dos dez días sen reclamacións a lista de admitidos queda elevada automaticamente a definitiva.

Quinta.-Condicións dos aspirantes e documentación que hai que presentar.

Para ser admitido ás probas de selección da praza convocada será necesario:

1. Ser español.

2. Ter cumpridos dezaoito anos de idade e non exceder de cincuenta e cinco anos, ámbalas idades referidas ó día en que remate o prazo de presentación de instancias.

3. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das tarefas do posto convocado.

4. Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera Administración pública, nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

5. Estar en posesión, ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias, do título de certificado de escolaridade.

Sexta.-Presentación de solicitudes.

As solicitudes para participar nas probas selectivas convocadas, nas que os aspirantes deberán manifestar que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas, referidas sempre á data de remate do prazo sinalado para a presentación de instancias, deberán dirixirse ó alcalde-pedáneo da Entidade Local Menor de Bembrive, achegando unha fotocopia do documento nacional de identidade e, se é o caso, a documentación acreditativa dos méritos alegados, axustándose ás seguintes normas:

1. O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte

ó da publicación do anuncio da convocatoria da praza no Boletín Oficial del Estado.

2. A presentación de solicitudes poderá facerase no rexistro xeral da Entidade Local Menor de Bembrive ou en calquera das formas establecidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Os aspirantes quedan vinculados ós datos que fixeran constar na súa solicitude, podendo unicamente demanda-la súa modificación, mediante escrito motivado antes de que remate o prazo de vinte días sinalado para a admisión de instancias.

Rematado este prazo non se admitirá ningunha petición desta natureza salvo causas excepcionais sobrevidas e xustificadas que apreciará libremente o tribunal.

4. Ó se-lo sistema de selección o de concurso-oposición libre, os aspirantes deben presentar, xunto coa solicitude, e en todo caso, ante do remate do prazo sinalado para a admisión de instancias, a documentación acreditativa dos méritos que aleguen.

Sétima.-Probas selectivas.

Fase de valoración de méritos:

Na selección dos aspirantes, e posteriormente á fase de oposición, valoraranse os méritos achegados polos aspirantes de acordo co seguinte baremo:

-Por experiencia previa en traballos propios da categoría de peón en administracións públicas. Acreditarase mediante contrato de traballo. 1 punto por ano de traballo, cun máximo de 5 puntos.

-Por experiencia previa en traballos propios da categoría de peón en empresas privadas. Acreditarase mediante contrato de traballo. 0,5 puntos por ano de traballo, cun máximo de 5 puntos.

Fase de oposición.

Consistirá na realización dun exercicio de carácter práctico e eliminatorio no que se procederá a realizar un traballo manual tendentes a acredita-los coñecementos dos aspirantes e a súa formación profesional en relación coas tarefas propias da praza convocada, durante o período previamente sinalado polo tribunal.

A puntuación final do proceso selectivo será o resultado de suma-la puntuación da fase de concurso coa puntuación da fase de oposición. Será proposto para a praza convocada o aspirante que acade a maior puntuación.

O exercicio da fase de oposición ten carácter eliminatorio e puntuarase de 0 a 10 puntos.

Oitava.-Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador estará integrado polos seguintes membros:

Presidente: o alcalde pedáneo, Carlos Comesaña Abalde, ou vocal no que delegue.

Vocais:

Tres membros da xunta veciñal.

Un traballador da Entidade Local Menor de Bembrive.

Un representante dos traballadores da entidade local menor.

Secretario: o secretario da Entidade Local Menor de Bembrive.

O funcionamento do tribunal axustarase ó previsto na Lei de procedemento administrativo para os órganos colexiados, quedando este facultado para resolve-las dúbidas que se presenten no procedemento de valoración.

Novena.-Lista de aprobados, presentación de documentos e nomeamento.

Unha vez rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal fará pública no taboleiro de anuncios da entidade local menor a relación de aprobados por orde de puntuación, coa correspondente proposta de candidato para a súa contratación, que non poderá excede-lo número de prazas convocadas e fará chega-la dita relación á presidencia da entidade local menor.

A persoa proposta presentará na secretaría da entidade local menor, no prazo de vinte días naturais desde que se faga pública a relación de aprobados, os documentos acreditativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na base quinta desta convocatoria.

Unha vez presentada a documentación, procederase á formalización da relación laboral e rexistro desta perante o Instituto Nacional de Emprego.

Décima.-Incidencias.

As bases e convocatoria e cantos actos administrativos deriven desta e da actuación do tribunal poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma prevista na Lei de procedemento administrativo.

O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e toma-los acordos necesarios para a boa orde da oposición en todo o no previsto nestas bases.

Para o non previsto nas presentes bases da convocatoria haberá que aterse ó disposto nas seguintes disposicións:

Lei 30/1984, do 2 de agosto, modificada pola Lei 23/1988, Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, Real decreto 896/1991 e Real decreto 364/1995 polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ó servicio da Administración do Estado.

Décimo primeira.-Norma final.

As bases específicas da convocatoria aprobadas pola xunta veciñal da Entidade Local Menor de Bembrive e cantos actos administrativos deriven delas

e das actuacións do tribunal poderán ser impugnadas nos casos e na forma establecida pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, a entidade local menor poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal conforme ó previsto na dita Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Bembrive, 9 de febreiro de 2001.

Carlos Comesaña Abalde

Alcalde pedáneo