Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 03 de maio de 2001 Páx. 5.985

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización do aparcadoiro de superficie do campus universitario das Lagoas-Marcosende (expediente 4204/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 15 de febreiro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto unitario de urbanización do aparcadoiro de superficie do campus universitario das Lagoas-Marcosende presentado pola Universidade de Vigo con data do 16 de marzo de 2000 e redactado polo arquitecto Gabriel Santos Zas (expediente 4204/401).

Segundo.-Somete-lo acordo de aprobación definitiva do proxecto a publicación no DOG e no BOP, así como notificación persoal ós interesados segundo o establecido na vixente lexislación urbanística».

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñerse os seguintes recursos:

a) Potestativo de reposición ante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publiación deste anuncio.

b) Contencioso-Administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, LRXAP-PAC, por medio deste anuncio notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos de ignorado domicilio, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 22 de marzo de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo