Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 03 de maio de 2001 Páx. 5.988

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 20 de abril de 2001 polo que se fai público o nomeamento, en réxime de provisión temporal, das secretarías de xulgados da Comunidade Autónoma de Galicia que se citan (Caldas de Reis e outro).

En cumprimento do acordo adoptado no día de hoxe, dimanante de comunicación da Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza de Galicia, sobre nomeamentos de secretarios en réxime de provisión temporal, que literalmente di:

«Data 17 de abril de 2001. Ministerio de Xustiza. Xerencia Territorial de Galicia. N/rf. Secretario de Provisión Temporal. Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Pazo de Xustiza. A Coruña. Confírmase o acordo da Sala do Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 23 de marzo de 2001, polo cal se nomean secretarios en réxime de provisión temporal. Esta xerencia territorial, en uso das atribucións que lle confire a O.M. do 26 de xuño de 1991 (BOE do 28 de xuño), e de conformidade co previsto no artigo 38 do Real decreto 429/1988, do 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de secretarios xudiciais:

Provincia da Pontevedra

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Caldas de Reis, Belén Rey Baamonde.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Marín, Regina María Peña Sangil.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza. Comunico isto para o seu coñecemento e demais efectos. Manuel Olmo Peláez. Xerente territorial. Rubricado. Hai un carimbo da Xerencia Territorial».

Así mesmo, faise constar que contra o acordo dos distos nomeamentos efectuados pola Sala de Goberno, do 23 de marzo de 2001, cabe interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, no prazo dun mes a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia. Solicítase que envíe a esta presidencia un exemplar del para a súa constancia no expediente.

A Coruña, 20 de abril de 2001.

Jesús Souto Prieto

Presidente do Tribunal Superior de Xustiza

de Galicia