Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 03 de maio de 2001 Páx. 5.965

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (313/2000).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número

tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 313/2000 se acordou citar a Juan Lamas Vázquez.

O maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela acordou citar a vostede co fin de que no próximo día 8 de maio de 2001, ás 13.25 horas, asista na sala de vistas nº 3 deste xulgado, sita no primeiro piso do edificio dos xulgados, polígono das Fontiñas, rúa Viena, á celebración do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por falta de realización de actividades sen seguro obrigatorio (636), en calidade de denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer no acto do xuízo con tódolos medios de proba de que se tente valer (testemuñas, documentos, peritos...) e que poderá acudir asistido de letrado, ben que este non é preceptivo.

Apercíbese de que, se reside neste termo municipal e non comparece nin alega xusta causa que llo impida, se lle poderá impor unha multa e recaerá sobre el o prexuízo a que houber lugar en dereito; e de que, se reside fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e dar poder a outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tiver, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

En Santiago de Compostela o vinteseis de marzo de dous mil un.

O secretario xudicial

(Rubricado)