Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 03 de maio de 2001 Páx. 5.965

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento e notificación (253/2000).

En virtude do acordado en resolución dictada por este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, coñecendo en autos civís de proceso de cognición número 253/2000, seguido por instancia do Banco de Santander Central Hispano, representado polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, contra María Carmen Fuciños Álvarez, sobre reclamación de cantidade, por medio desta cédula emprázase a demandada, María Carmen Fuciños Álvarez, con último domicilio coñecido en Bonhome 38-3ºC, Ourense, actualmente en paradoiro descoñecido, para que no termo improrrogable de nove días compareza nos autos, baixo apercibimento de ser declarada en situación procesual de rebeldía e de recaeren sobre ela os demais prexuízos a que houber lugar en dereito.

Así mesmo, e para os efectos establecidos no artigo 144 do Regulamento hipotecario, notifícase a existencia deste procedemento ó cónxuxe da demandada.

E para que sirva de emprazamento en forma á citada demandada, a quen se lle fai saber que as copias da demanda e os documentos se achan ó seu dispor na secretaría deste xulgado, así como de notificación ó cónxuxe daquela, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o trece de marzo de dous mil un.

Gonzalo Cabaleiro de Saa

Secretario xudicial