Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 03 de maio de 2001 Páx. 5.965

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE FERROL

CÉDULA de notificación (63/2000).

Nos autos da referencia foi dictada a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia nº 44.-En Ferrol, o dezasete de febreiro de dous mil un.

Jesús Souto Herreros, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Ferrol e o seu partido, viu os presentes autos de xuízo de cognición nº 63/2000, seguidos por instancia da entidade Caixa de Aforros de Galicia, S.A., representada polo procurador Fariñas Sobrino e coa dirección do letrado Fuertes Lorenzo, contra Vicente García Gato, en rebeldía.

Decido que estimo integramente a demanda formulada pola entidade Caixa de Aforros de Galicia, S.A., representada polo procurador Fariñas Sobrino, e coa dirección do letrado Fuertes Lorenzo, contra Vicente García Gato, en rebeldía, e, na súa virtude,

a) Condeno o demandado a lle aboar ó demandante a cantidade de cento setenta e catro mil cincocentas cinco pesetas (174.505 pesetas.), cos xuros pactados desde o día 31 de decembro de 1992, e, así mesmo

b) Condeno o demandado ó pagamento das custas causadas neste preito, se as houber.

Así, por esta sentencia, que non é firme e contra a que se pode preparar recurso de apelación no prazo de cinco días ante este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción e da que se levará testemuño ós autos orixinais, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en forma ó demandado, Vicente García Gato, en paradoiro descoñecido, expido e asino esta cédula en Ferrol o vinte de febreiro de dous mil un.

O/a secretario/a

Rubricado