Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 03 de maio de 2001 Páx. 5.966

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (38/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos nº 38/2001 seguidos por instancia de José Tomás Leis Almozara contra Galtolar S.L. sobres rescisión do contrato, nos que recaeu sentencia en data 27-3-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que, estimando a demanda formulada por José Tomás Leis Almozara, declaro extinguida a relación laboral que lle unía coa empresa Galtolar S.L., na data da presente resolución, condenando a empresa citada a que o indemnice coa cantidade de 464.640 pesetas.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anucia-lo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Previndo a empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 38-2001 do Banco Bilbao-Vizcaya desta cidade denominada conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso e quedará firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Galtolar, S.L., expido e asino a presente cédula na Coruña o 28 de marzo de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado