Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 02 de maio de 2001 Páx. 5.871

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Nigrán (unidade central). Expediente 2001022C.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: redacción de anteproxecto e proxecto de construcción de rede de saneamento de diversos núcleos de Nigrán.

Prazo de execución (meses): 4 meses (dous para a redacción do anteproxecto e dous para a redacción do proxecto, contado este último prazo desde que a Administración comunique ó adxudicatario a plena eficacia desa parte da adxudicación).

3. Tramitación: ordinaria; procedemento: aberto; forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 9.275.000 pesetas, dos que 2.300.000 corresponden ó anteproxecto e 6.975.000 ó proxecto.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento do contrato.

6. Obtención de documentación e información no Concello de Nigrán, praza Constitución, 1, 36350

Nigrán (Pontevedra). Teléfono: 986 36 50 00; fax: 986 38 39 31, ata o remate do prazo de presentación de propostas.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes á última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: no Rexistro do Concello de Nigrán ou mediante outros sistemas admitidos pola lexislación vixente, na forma prevista no prego de condicións.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

8. Apertura das proposicións económicas: na Casa do Concello de Nigrán ás trece horas do cuarto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se coincidise en sábado, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Nigrán, 27 de marzo de 2001.

José M. Rial Cadaval

Alcalde