Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 02 de maio de 2001 Páx. 5.871

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO sobre trámite de información pública.

Consonte o establecido nos artigo 42 e concordantes da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ábrese un período de información pública polo prazo dun mes respecto do seguinte asunto:

Modificación puntal das normas subsidiarias de planeamento de Cervo. Núcleo de Cervo.

Rematada a fase de elaboración desta modificación puntual do planeamento, logo do pertinente informe da consellería competente en materia de Urbanismo, o Concello Pleno de Cervo aprobou inicialmente a dita modificación puntual.

Consonte o ordenamento xurídico, ábrese un período de información pública polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG.

Cervo, 27 de marzo de 2001.

José Insua Pernas

Alcalde