Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 02 de maio de 2001 Páx. 5.870

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2001 pola que se anuncia concurso público, con procedemento aberto, para a concesión dunha parcela de dominio público no Pasatempo.

Aprobado polo Pleno da Corporación o 23-2-2001 o prego de condicións que ha de rexe-lo concurso público para a concesión dunha parcela de dominio público no Pasatempo, exponse ó público por espacio de oito días hábiles, de acordo coa lexislación vixente.

Simultaneamente, anúnciase concurso público, con procedemento aberto, para a concesión dunha parcela de dominio público no Pasatempo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Betanzos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 1/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Concesión dunha parcela de dominio público no Pasatempo. O adxudicatario deberá realizar integramente a súa custa as obras e indicacións necesarias consonte o prego de condicións.

b) A concesión outorgarase por un prazo máximo de trinta e cinco anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Réxime económico.

O canon será o que se estableza na proposición, sendo o mínimo o de cincocentas mil pesetas (500.000) por ano natural para satisfacer por trimestres naturais.

5. Garantías.

Provisional: 2% da suma do orzamento aproximado das obras e da valoración da parcela que se fai constar no anexo I.

Definitiva: 3% da mesma suma que da garantía provisional.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Betanzos.

b) Domicilio: P. Galicia, 1.

c) Localidade e código postal: Betanzos, 15300.

d) Teléfono: 981 77 00 11.

e) Telefax: 981 77 65 29.

f) Data límite de obtención de documentos e información: desde a publicación deste anuncio no DOG e o BOP, consonte o último publicado, ata as 14 horas do último día de presentación de proposicións.

7. Requisitos do contratista.

Os que constan no prego de condicións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: 30 días naturais contados a partir do seguinte ó da públicación deste anuncio no DOG e no BOP, consonte o último publicado, finalizando ás 14 horas.

As ofertas deberán acompañarse de escrito, consonte modelo do anexo II, solicitando a aceptación do concurso, en sobres pechados no rexistro municipañ ou en calquera das formas previstas na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo comúm.

9. Documentación que hai que presentar.

a) A que consta no prego de condicións.

b) Lugar de presentación: rexistro xeral.

As proposicións non presentadas directamente, deberán ser comunicadas por fax ou telegrama, antes ou o día da data en que remate o prazo de presentación debendo acredita-la data de envío da documentación. Non se admitirá ningunha proposta que chegue a poder do concello, pasados cinco días do remate do prazo de presentación.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Betanzos.

b) Domicilio: P. Galicia, 1.

c) Localidade: Betanzos.

d) Data: terceiro día hábil seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: doce horas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Betanzos, 20 de marzo de 2001.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde-presidente