Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 02 de maio de 2001 Páx. 5.869

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO de concurso, mediante procedemento aberto para a adxudicación do contrato de consultoría e asistencia, para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Bergondo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral. Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Bergondo.

b) Prazos e fases de execución:

-Entrega do avance do PXOM, 5 meses.

-Entrega do documento para a aprobación inicial, 5 meses.

-Entrega de informe de alegacións, 1 mes.

-Entrega do documento para a aprobación definitiva, 1 mes.

-Entrega do documento final refundido, do que deberá presentar seis (6) exemplares, 1 mes.

c) Lugar de entrega: Concello de Bergondo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 25.000.000 de pesetas, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do tipo de licitación (500.000 pesetas).

b) Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral. Servicio de Contratación do Concello de Bergondo, estrada da Coruña, nº 12, 15165 Bergondo (A Coruña).

b) Teléfono: 981 79 12 52.

c) Telefax: 981 79 42 33.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día sinalado como último para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os previstos na cláusula 10 do prego de cláusulas particulares.

8. Presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación: a prevista na cláusula 9 do prego de cláusulas particulares.

b) Documentación que hai que presentar: farase en tres sobres.

Sobre A: deberá te-la seguinte inscrición: «Documentación xeral. Concurso para a adxudicación do contrato de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Bergondo», presentada por...

Bergondo,... de... 2001.

O licitador (asinado e rubricado).

Sobre B: deberá te-la seguinte inscrición: «Referencias técnicas. Concurso para a adxudicación do contrato da redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Bergondo», presentada por...

Bergondo,... de... 2001.

O licitador (asinado e rubricado).

Sobre C: deberá te-la seguinte inscrición: «Proposición económica. Concurso para a adxudicación do contrato de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Bergondo», presentada por...

Bergondo,... de... 2001.

O licitador (asinado e rubricado).

Neste sobre C incluirase a proposición económica axustándose ó seguinte modelo:

«Don..., con enderezo en..., actuando en nome propio, ou representación de..., con DNI..., e enderezo en..., toma parte no concurso público a través de procedemento aberto, para a prestación dos servicios de consultoría e asistencia técnica para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Bergondo, convocado polo concello mediante anuncio publicado no DOG nº... de data..., e no BOP nº... de data..., e para tal efecto fai constar:

1) Que ofrece un prezo de... (en letra e número) pesetas, que supón unha baixa de... pesetas con respecto ó tipo de licitación.

2) Que coñece e acepta cantas obrigas derivan do prego de condicións económico-administrativas e de prescricións técnicas que rexen o concurso.

3) Que se compromete a cumprir tódalas disposicións legais en materia de contratación laboral e de Seguridade Social.

Bergondo,... de... de 2001.»

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Bergondo.

d) Prazo de validez da oferta: tres meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

A apertura de plicas terá lugar na casa do concello ás 12 horas do décimo primeiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de licitación, que se coincide en sábado, entenderase prorrogado ó día hábil inmediato seguinte.

10. Gastos dos anuncios.

O adxudicatario virá obrigado a pagar tódolos gastos de anuncios de licitación e adxudicación que se publiquen nos medios de comunicación e diarios oficiais.

11. Exposición dos pregos.

Os pregos de cláusulas particulares e prescricións técnicas que rexen esta convocatoria quedan expostos ó público na Secretaría Xeral. Servicio de Contratación (estrada da Coruña, nº 12, 15165 Bergondo (A Coruña), teléfono: 981 79 12 52; fax: 981 79 42 33) durante o prazo de oito días, para os efectos previstos no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986.

Bergondo, 26 de marzo de 2001.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente