Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 02 de maio de 2001 Páx. 5.872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1619/2000).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria, do día 8 de marzo de 2001, aprobó, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente o proxecto de compensación do sector A-3 do PXOU de Ourense por pedimento de Pablo Prada Valencia, en representación dos propietarios do dito sector.

2. Requirir á Xunta para proceder ó ingreso efectivo da suma de 97.593.050 pesetas en concepto de monetarización do aproveitamento urbanístico lucrativo que lle corresponde a este concello con carácter previo á inscrición no rexistro da propiedade do proxecto; non se expedirá certificado ningún para estes efectos sen que se efectuase o dito ingreso.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.1º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 14 de marzo de 2001.

José Luis Rodríguez Cid

Alcalde en funcións