Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 02 de maio de 2001 Páx. 5.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 19 de marzo de 2001, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica resolución de renuncia de Juana Gómez Freijeiro.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ós herdeiros de Juana Gómez Freijeiro, resolución de renuncia, dictada polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data 5 de marzo de 2001, ó abeiro do disposto no Decreto 70/1997, do 14 de marzo, de estructura orgánica do IGVS ( modificado polo Decreto 258/1999, do 17 de setembro), que literalmente di:

«Vistas as actuacións practicadas en relación á adxudicataria, en réxime de aluguer, Juana Gómez Freijeiro, e, tendo en conta os seguintes:

Feitos.

1º Que segundo carta de adxudicación de data 6 de xullo de 1990, rexistro de saída núm. 5119, de 9 de xullo, adxudicóuselle a Juana Gómez Freijeiro, en réxime de aluguer, a vivenda de protección oficial de promoción pública, situada na rúa Alemaña nº 53, bloque G-2, piso baixo D, Monteporreiro-Pontevedra, do expediente PO-82/080, conta 104.

2º Con data do 24-10-2000, a interesada manifestou en comparecencia, nesta área provincial do IGVS que, como consecuencia do seu estado de saúde, renunciaba á devandita vivenda e a tódolos dereitos derivados dela.

Fundamentos de dereito.

I. É competente para resolve-lo presente procedemento o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en virtude do disposto no Decreto 70/1997, do 14 de marzo, de estructura orgnánica do IGVS (modificado por Decreto 258/1999, do 17 de setembro.

II. Os feitos expostos constitúen causa suficiente para declara-la finalización do contrato de arrendamento, por renuncia da arrendataria.

III. Na tramitación deste expediente observáronse as normas vixentes contidas no Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vistos os preceptos legais citados de demais de xeral e pertinente de aplicación, esta delegación provincial

RESOLVE:

Acepta-la renuncia presentada por Juana Gómez Freijeiro e, en consecuencia declara-la finalización do contrato de arrendamento, con recuperación da vivenda, sen prexuízo de practica-la liquidación que corresponda.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, de conformidade co previsto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro e modificacións introducidas pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Pontevedra 5 de marzo de 2001. O delegado provincial. Asdo.: José Manuel Iglesias Carrera».

Expido, asino e sello esta cédula en Pontevedra o 19 de marzo de 2001.

Andrés Iglesias López

Xefe de Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente administrativo: PO-82/080.

Nome: Juana Gómez Freijeiro.

Enderezo: Alemaña 43, bloque G-2, baixo D.