Faise público para xeral coñecemento que o Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o 22 de febreiro de 2001, acordou prestar aprobación inicial ó expediente 41/00.PMP de modificación puntual da UA 44, sita en Monte Penouqueira, promovido de oficio, o cal queda sometido a información pública por prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio; durante este prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio de Urbanismo e, se o consideran oportuno, presenta-las alegacións que estimen convenientes.
Para lle dar cumprimento ó disposto no artigo 34 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, queda suspendido o outorgamento de licencias de edificación, parcelación e demolición no ámbito territorial afectado pola aludida modificación puntual, ata tanto non se produza a aprobación definitiva dela.
Ó propio tempo e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, sirva o presente de notificación, coa finalidade e alcance que se contemplan no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Arteixo, 8 de marzo de 2001.
P.D. (Decreto 587/1999)
María Isabel Vila Vilas
Primeira tenente alcalde