Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 02 de maio de 2001 Páx.

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2001 pola que se fai pública a adxudicación do concurso aberto para a selección dunha oferta para o outorgamento dunha concesión de ocupación de dominio público portuario do porto de Baiona para a construcción e explotación de instalacións para a navegación recreativa. (Expediente 13-28-

2000-C-01). O presidente de Portos de Galicia acordou, por Resolución do 30 de marzo de 2001, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 6.3º da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público, a adxudicación do concurso aberto para a selección dunha oferta para o outorgamento dunha concesión de ocupación de dominio público portuario do porto de Baiona para a construcción e explotación de instalacións para a navegación recreativa, autorizando o inicio da tramitación correspondente de acordo co previsto na lexislación vixente en materia de concesións no dominio público portuario dependente de Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicios centrais. Área de Planificación e Explotación.

c) Número do expediente: clave: 13-28-2000-C-01.

2. Obxecto do concurso.

a) Descrición do obxecto: o obxecto do concurso é a selección dunha oferta para o outorgamento, despois da tramitación correspondente, dunha concesión de ocupación de dominio público portuario do porto de Baiona para a construcción e explotación de instalacións para a navegación recreativa.

b) Boletín, diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 178, do 13 de setembro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Adxudicación.

a) Data: 30 de marzo de 2001.

b) Adxudicatario: Ronáutica, S.A.

c) Nacionalidade: española.

Contra esta resolución de adxudicación, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña no prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra a dita resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2001.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia