Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 02 de maio de 2001 Páx. 5.865

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2001 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación da asistencia técnica para o desenvolvemento dun sistema informático de tramitación parlamentaria con destino ó Parlamento de Galicia. (Expediente 14/2001).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), Rúa Ramón Piñeiro, nº 27, 15702, Santiago de Compostela.

b) Número de expediente: 14/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Asistencia técnica para o desenvolvemento dun sistema informático de tramitación parlamentaria con destino ó Parlamento de Galicia.

b) Prazo de execución: 8.000 horas desde a data da súa sinatura e cunha duración máxima ata o 31 de decembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento:aberto.

c) Forma:concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Sesenta e cinco millóns de pesetas (65.000.000 de pesetas) IVE incluído, equivalente a 390.657,87 euros.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación: 1.300.000 pesetas.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, (CIXTEC).

b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, nº 27.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: 981 54 13 37.

e) Telefax: 981 54 12 70.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación de documentación: o prazo de presentación da documentación rematará ás 14 horas do día 28 de maio de 2001.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado, e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificante da data de imposición do envío na oficina de correos.

8. Apertura das ofertas.

En acto público ás 13 horas do día 4 de xuño de 2001, no Centro Informático para a Xestión Tri

butaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

10. Data de envío do anuncio ó DOCE: 6 de abril de 2001.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2001.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable