Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 02 de maio de 2001 Páx. 5.863

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ANUNCIO do 24 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, polo que se someten a información pública o estudio de impacto ambiental e o proxecto para a posta en funcionamento e explotación dun establecemento de cultivos mariños en Camariñas.

Para os efectos previstos no Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre, no Real decreto 1471/1998, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento e a execución da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, sométense a información pública o estudio de impacto ambiental e o proxecto de petición de permiso de actividade e concesión de ocupación de dominio público, do establecemento que se describe:

-Tipo: granxa.

-Nome: Stolt Sea Farm, S.A.

-Actividade: engorde.

-Especies: Rodaballo (Psetta maxima), Linguado (Solea solea, Solea senegalensis).

-Localización: O Cabo Vilán-Camariñas (A Coruña).

-Ocupación dominio público: 1.378,61 m.

-Solicitante: Stolt Sea Farm, S.A. DNI/CIF: A28682987.

O expediente, integrado polo estudio de impacto, o proxecto e a documentación complementaria, estará á disposición do público co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinalo e achega-las alegacións e informacións que coide oportunas.

Prazo de exposición: trinta (30) días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de exhibición: Servicio de Acuicultura-Dirección Xeral de Recursos Mariños.

Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Edificio administrativo San Caetano.

15771 Santiago de Compostela (A Coruña).

Horas: das 9 ás 14 horas.

Prazo para formular alegacións: trinta (30) días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2001.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños