Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 02 de maio de 2001 Páx. 5.862

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 26 de marzo de 2001 pola que se aproba o cambio de dominio das bateas Sánchez III e seis máis.

Vistos os expedientes instruídos para efectos de transmisión das bateas Sánchez III, Lozano I, Lozano II, Lozano III, B.I. I, B.I. II, Ostral I, e das condicións administrativas que as amparan, resulta:

A) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito de data 28-11-2000, Basilio Calvar Somoza (35897000A) solicitou autorización para transmisión das concesións das bateas Sánchez III, Lozano I, Lozano II, Lozano III, B.I. I, B.I II, Ostral I.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características das bateas e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación dos expedientes son favorables.

B) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-los expedientes de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión

da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte resolución:

Autoriza-la transmisión intervivos, a favor de Bateas Mar de Rande, S.L. (NIF B36369767), das concesións administrativas das bateas que se indican a seguir, das que é titular na actualidade Basilio Calvar Somoza (35897000A).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Sánchez III.

Situación:

Lugar: Vigo A, cuadrícula nº 9.

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 5-11-1963.

Remate vixencia: 5-11-2003.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Lozano I.

Situación:

Lugar: Redondela B, cuadrícula nº 12.

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 3-6-1964.

Remate vixencia: 3-6-2004.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Lozano II.

Situación:

Lugar: Redondela B, cuadrícula nº 35.

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 3-6-1964.

Remate vixencia: 3-6-2004.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Lozano III.

Situación:

Lugar: Redondela B, cuadrícula nº 52.

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 3-6-1964.

Remate vixencia: 3-6-2004.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: B.I. I.

Situación:

Lugar: Redondela B, cuadrícula nº 61.

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 3-6-1964.

Remate vixencia: 20-7-2004.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: B.I. II.

Situación:

Lugar: Redondela B, cuadrícula nº 32.

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 3-6-1964.

Remate vixencia: 21-7-2004.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Ostral I.

Situación:

Lugar: Redondela B, cuadrícula nº 14.

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 25-11-1960.

Remate vixencia: 6-12-2005.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo da comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 26 de marzo de 2001.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120,

do 24 de xuño)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Pontevedra