Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 02 de maio de 2001 Páx. 5.864

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de modificación dos estatutos da Asociación de Comerciantes e Industriales de Marín (Acima).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na sección de Mediación, Arbitraxe de Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta pola que se modifican os estatutos da Asociación de Comerciantes e Industriales de Marín (Acima), e mailos novos estatutos, consistindo a dita modificación no cambio dos capítulos II, IV e XX deles.

Territorial: local e limítrofes.

Profesional: tódolos comerciantes e industriais comprendidos dentro do ámbito territorial e área periférica e industrial dos portos comercial e pesqueiro de Marín.

Asinan a acta de constitución: Enrique Rodríguez e outro.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa iteresada.

Vigo, 22 de marzo de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra