Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 02 de maio de 2001 Páx. 5.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2001, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se fai pública a aprobación definitiva dos proxectos de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de recuperación dos ríos Barbaña e Barbañica e do complementario número 1 dos proxectos de recuperación dos ríos Barbaña e Barbañica (Ourense).

Vista a documentación que consta no expediente nº 26/2001, remitido polo Concello de Ourense, con base nos seguintes:

I. Antecedentes.

1º O Concello de Ourense remitiu o expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de recuperación dos ríos Barbaña e Barbañica e o complementario nº 1 del, de conformidade co disposto polo artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG).

2º O Concello de Ourense, con data do 11 de maio de 2000, acordou inicia-lo expediente de expropiación forzosa mediante o proxecto de taxación conxunta, e sometelo a información pública polo prazo dun mes, anunciándoo no xornal La Región de data 26 de maio de 2000 e no DOG de data 23 de xuño de 2000.

No que se refire ó proxecto complementario nº 1 do citado proxecto, o Concello de Ourense en sesión do 26 de outubro de 2000, acordou inicia-lo expediente e sometelo a información pública polo prazo dun mes anunciándose no xornal La Región de data 8 de novembro de 2000 e no DOG de data 4 de xaneiro de 2001.

3º As taxacións foron notificadas individualmente ós que aparecen como titulares de bens e dereitos no expediente, dándolles traslado literal da correspondente folla de taxación e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formulasen alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación, tal e como sinala o artigo 145.4º da Lei do solo de Galicia.

4º O Concello de Ourense emitiu informe individualizado sobre cada unha das alegacións presentadas polos interesados, de conformidade co artigo 145.6º da Lei do solo de Galicia, e remitiu o expediente de expropiación forzosa a esta consellería para a súa aprobación definitiva.

II. Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-O proxecto de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta de conformidade co disposto no artigo 145 da Lei do solo de Galicia.

Segundo.-O proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta ten por obxecto executa-lo proxecto de recuperación dos ríos Barbaña e Barbañica.

En virtude do disposto polos artigos 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre rexime do solo e valoracións, e os artigos 54, en relación co 124 e 145, da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a dita aprobación implica a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade da ocupación dos terreos incluídos no ámbito dos polígonos, resultando lexitimada a expropiación proposta.

Terceiro.-O expediente tramitado conta coa documentación preceptiva esixida polo artigo 145.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia:

-Determinación do seu ámbito territorial, cos documentos que o identifican en canto a situación, superficie e lindeiros.

-Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.

-Follas de prezo xusto individualizado de cada predio.

-Follas de prezo xusto que corresponden a outras indennizacións, se é o caso.

Cuarto.-Os criterios de valoración fixados no proxecto de expropiación axústanse ós establecidos polos artigos 23 e seguintes da Lei 6/1998, sobre réxime do solo e valoracións.

Quinto.-A competencia para aproba-lo expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta correspóndelle por delegación ó director xeral de Urbanismo, de acordo co artigo 1 da Orde do 30 de decembro de 1999, do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (DOG do 10 de xaneiro de 2000), pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo.

Na súa virtude, vista a Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións, e as demais disposicións aplicables, proponse adopta-la seguinte

RESOLUCIÓN:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución do proxecto de recuperación dos ríos Barbaña e Barbañica e o complementario do proxecto de recuperación dos ríos Barbaña e Barbañica, para os efectos previstos polos artigos 145 e 146 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, con estimación ou desestimación das alegacións nos termos que aparecen nos informes de contestación a estas que constan no expediente.

Esta aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación, de conformidade co establecido no artigo 146.1º da Lei do solo de Galicia.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 146.2º da Lei do solo de Galicia).

Segundo.-Notifica-lo contido desta resolución aprobatoria do expediente ó Concello de Ourense e de xeito individualizado a tódolos que aparezan como titulares dos bens e dereitos que figuran no expediente, ó que se lle xuntará a correspondente folla de valoración, conferíndolles ós titulares un prazo de vinte días durante o que poderán manifestar por escrito ante a Dirección Xeral de Urbanismo a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, de conformidade co disposto polo artigo 145.7º da Lei do solo de Galicia, advertíndolles que, transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, se entenderá aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145.8º da Lei do solo de Galicia).

Terceiro.-Publicar esta resolución, así como a seguinte relación dos bens e dereitos afectados pola

expropiación, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello:

Relación de propietarios afectados pola expropiación forzosa de terreos para a execución do proxecto de recuperación dos ríos Barbaña e Barbañica e o complemento nº 1 dos proxectos de recuperación dos ríos Barbaña e Barbañica.

Nº predioPropietarioPrezo xusto

1Abel Rodríguez Do Mouro1.404.585
2Manuel Rodríguez Bouzo2.094.210
3Concepción Martínez260.852
4Irene Paradela Rivas855.086
5Dolores Gómez Carballo256.838
6Manuel Caride Carballo389.094
7Julia Novoa Santos288.943
8Bernardino Pérez González349.140
9José Cuquejo Tombo333.087
10Manuel Caride Carballo1.667.992
11Indalecio Cuquejo López337.100
12Bernardino Pérez González1.051.432
13Bernardino Pérez González441.441
14Castor Villar Parente461.341
15Benigno Grande González1.073.300
16Delmiro Barreiros Zorelle240.786
17María Olimpia Pérez Veiras742.423
18Antonio Olleros Vázquez168.550
19Manuel Enrique Pérez Caride818.672
21Manuela González Das Tres1.420.650
22José Rodríguez Rodríguez650.122
23Manuel e Enrique Pérez Grande790.581
25Manuel Giralde Dastres1.161.997
27Ángela Giralde Dastres926.272
28Ignacio Morenza Ferreiro749.358
32Arsenio Pérez Fernández280.917
33Mª Consuelo Fondovila González288.943
43Antonio Gómez Agregán1.410.623
45Pedro Rodríguez Alvarado1.867.167
47Rosa Gómez González2.129.411
57Hros. de Ermelinda Expósito G.1.087.550
58Manuel López Rodríguez398.864
59Josefa e Amelia Porto Diéguez573.873
60Jose A. López Rodríguez280.312
61Margarita e Mª Vázquez Vilariño606.033
62Josefa Forja Vázquez340.509
63Purificación Forja Vázquez88.288
64Josefa Forja Vázquez88.288
65Estrella Otero88.288
67Carmen Fdez. Porto569.860
68Isabel Babarro Porto644.144
69Manuel Quenlle Nogueiras1.432.074
71Ramón Regueira Fdez.329.074
72Jose V. González Borrajo557.441
73Isabel Álvarez Dorrego1.027.463
74Manuel Rodríguez Barreiros920.000
75Antonio González Borrajo603.658
76Florencio Regueira Peña156.510
77Manuel Dorrego Vázquez3.940.864
78Evelino Alonso Jardón1.930.366
79Ramón Rodríguez Limia
80Fernando Fdez. Díaz3.764.288
81Manuel e Enrique Pérez Caride1.244.061
82Fernando Fdez. Díaz1.404.585
83José Mª Rodríguez Tarrío722.358
84Julia Álvarez Fernández349.139
85Emilio Barroso Brito441.441
86Mario Domínguez Rodríguez349.140
88Jesús Blanco Boo128.419
89Manuel García Fraga88.288
90Castro González Silva80.262
91Antonio Delpón Mondelo152.498
92Francisco Castro González152.498
93Ángel López Sabariz136.445
94Luis Cortizo Souto136.445
95Vicente Sabucedo (en rep. De ORVIVIOR)1.164.177
3Manuel Fernández Gómez9.237.621

Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello serviralles de notificación ós propietarios descoñecidos, a aqueles dos que se ignore o lugar de notificación ou ben tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto, de conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto.-Igualmente, notificaráselle o contido desta resolución á Fiscalía da Audiencia Provincial, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación cos propietarios descoñecidos e os que non comparecen no procedemento expropiatorio.

Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda, no plazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución (artigo 116, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) ou recurso contencioso-administrativo perante a sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da notificación (artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa).

Para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo.

Todo isto sen prexuízo de que, no caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñen dun prazo de vinte días para manifestaren a súa desconformidade como se indicou no punto 2 desta resolución, nos termos establecidos polo artigo 145.8º da Lei do solo de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2001.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Directro xeral de Urbanismo