Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 02 de maio de 2001 Páx. 5.855

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 19 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación de proxecto e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/24-3).

En aplicación dos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se aproba o regulamento de aplicación da Lei 54/1997, do sector eléctrico, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto, e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se indica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Francos-Maceda.

Situación: Maceda.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 426 m de lonxitude, en conductor LA-56 sobre apoios de formigón, derivada desde un apoio da L.M.T. Vuxueses-Xunqueira de Espadanedo e remata no C.T. proxectado aéreo con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V en Francos. Redes de baixa tensión derivadas do C.T.

A declaración de utilidade pública, conforme o artigo 54 da citada lei, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens e adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A relación concreta e individualizada dos propietarios, bens e dereitos que se considera de necesaria ocupación, figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas, no prazo de vinte días a partir da última publicación ou notificación individual, poderán presentar, en exemplar duplicado, as alegacións relativas á corrección de erros, limitacións á constitución de servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Decreto 1955/2000), e aqueloutras que se estimen oportunas.

Ourense, 19 de marzo de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 01/24Provincia: Ourense

L.M.T., C.T., R.B.T. Francos-MacedaTermo municipal: Maceda

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2As LagoasMonte baixoJuan Antonio Casado GarcíaEstrada Baldrei, 40

32700 Maceda

25188

13Os BarreirosPradoJuanita Casado Torres

María Casado Torres

R/ do Tilo, 119

28914 Leganés-Madrid

R/ Ángel Ripoll, 52, 2º C

28025 Madrid

3162620