Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2001 Páx. 5.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-407).

Por Resolución 1956/2001, con data do 17 de abril de 2001, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle sobre a parcela A-27 no ámbito do SUNP A-21 O Carballido, en Perillo, tramitado por Promociones Becebre, S.L.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do citado expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas, tódolos días laborables, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 18 de abril de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta