Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2001 Páx. 5.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle no ámbito das rúas Vía Norte, Pino e San Xosé. (Expediente 5824/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 27 de novembro de 2000, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle no ámbito das rúas Vía Norte, Pino e San Xosé (expediente 5824/411), conforme a documentación presentada por Manuel Lorenzo Muradás e Hijos, S.A. e outros, en datas do 24 de febreiro, 29 de marzo e 2 de xuño de 2000, redactado polos arquitectos Tomás Pérez-Lorente Quirós e Francisco Yáñez Ulloa e visado polo COAG con datas 22 de febreiro e 30 de xuño de 2000.

Segundo.-Proceder á publicación da aprobación definitiva no DOG e no BOP, segundo o artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, con notificación individual a tódolos propietarios afectados por este ámbito de actuación.

Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Asemade, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou intentada esta non se puidese practicar.

Vigo, 10 de xaneiro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo