Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2001 Páx. 5.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno en sesión realizada o día 5 de abril de 2001 acordou:

1. Aprobar, con carácter inicial o proxecto de urbanización do ámbito do Plan parcial monte Anchouza, redactado polo arquitecto Manuel Villar Álvarez, co anexo redactado polo xefe da Sección de Obras Públicas e Servicios e á reserva, para a súa aprobación definitiva da corrección das deficiencias que polo citado funcionario técnico se sinalan.

2. Somete-lo documento a información pública polo prazo dun mes, o que se anunciará no DOG e nun xornal dos de maior difusión da provincia, notificándolles este trámite persoalmente ós propietarios de terreos incluídos no ámbito.

Os prazos contaranse desde a última publicación deste anuncio (DOG ou xornal) e poderá examinarse o expediente nas oficinas municipais do Servicio de Urbanismo e presenta-las alegacións que consideren oportunas.

O presente anuncio, de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do PAC, servirá de notificación ós propietarios de terreos no ámbito dos que se descoñeza o seu domicilio ou ós que, intentada a notificación, non fose posible realizala.

Culleredo, 9 de abril de 2001.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro de Urbanismo