Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2001 Páx. 5.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PDU-1/2001).

A Comisión de Goberno, en sesión do 6 de abril de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do polígono de Mesoiro, por importe de 1.097.292.213 pesetas (6.594.859,02 euros), presentado pola xunta de compensación, coas consideracións que se indican no informe do enxeñeiro de camiños municipal de data 29 de marzo de 2001 (que deberán corrixi antes da aprobación definitiva, mediante a presentación dun novo texto no que estas se recollan).

Segundo.-Deberá constituír unha fianza de 65.837.533 (sesenta e cinco millóns oitocentas trinta e sete mil quiñentas trinta e tres) pesetas (395.691,53 euros), en concepto de garantía de exe

cución das obras de urbanización para cumpri-lo indicado no artigo 46 c) do Regulamento de planeamento urbanístico.

Terceiro.-Proceder á exposición pública do documento, anunciándose así no DOG e nos periódicos de maior circulación na provincia.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na Oficina de Planeamento do Servicio de Urbanismo, en horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación correrán por conta do seu promotor.

A Coruña, 18 de abril de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo